31/12/2023

Prensa galega da emigración

Preparativos publicitarios dun xornal precursor

LA GAITA GALLEGA da Habana

A finais do mes de decembro de 1871, cando está a piques de se fundar a Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia na capital cubana –que hoxe é a agrupación galega existente máis antiga do mundo–, a prensa habaneira difundiu nas páxinas propagandísticas un vistoso anuncio dando conta da próxima aparición dun semanario dominical que mereceu ser considerado, a xulgar pola súa nomenclatura, unha produción precursora no seu xénero no só en territorio cubano senón en toda América e en tódolos destinos interiores e exteriores da nosa emigración. La Gaita Gallega era o rótulo elixido polo voceiro para comparecer ante os seus potenciais lectores, levando como subtítulo «periódico para reir; publicado por una infinidad de bolos y gandules, bajo la inspiración de El Doctor Triquitraque». Xosé Neira Vilas, no «Editorial» co que se abre a súa obra A prensa galega de Cuba (1985) considéraa «A primeira  publicación galega –máis polo nome e por outros detalles menores que polo seu contido xeral–» e viría representar a manifestación precursora do que el denomina «a prehistoria» do xornalismo de raíz e fasquía galega da Gran Antilla. Na ficha que no corpo da devandita obra lle dedica á este medio descríbeo con estas palabras: «Periódico semanal, “para reír”, ou sexa, humorístico, escrito en castelán, do que saen seis números, entre o 7 de xaneiro e o 11 de febreiro de 1872, en plena Guerra dos Dez Anos pola independencia de Cuba. Diríxeo o Doctor Triquitraque, inspirador e xefe dunha “infinidad de bolos y gadules”, que son os seus redactores. Somentes aparece consignado “en serio” o nome de Francisco Cisneros, dibuxante caricaturista». E engade logo: «LA GAITA GALLEGA non se adscribe á ideoloxía colonialista. Satiriza certos costumes; contén chistes, narracións, comentarios sobor dalgúns inventos, moda femenina, fábulas, epigramas, un breve boletín tiduado “Memoria de un pobre hombre”, e relatos en verso: “La vida del soltero”, “Idilio tornasolado”, “Lamentos de un gacetillero”, etc.». Para precisar a continuación: «De primeiras, este semanario somentes ten de galego o nome e o folclórico dibuxo da cabeceira».

Así parece ser. E o debuxo da testeira debeu constituír o primeiro dos elementos gráficos e literarios cos que contou a publicación, pois antes de ver a luz a achega inaugural xa a daba a coñecer, como acredita o anuncio que aquí agora trato de glosar. En efecto, no gravado de inconfundible temática enxebrista, pódese ver un gaiteiro coa súa típica indumentaria, cunhas zocas xigantescas, no canto de botas e polainas, e tocando o correspondente instrumento musical. Arredor del algún outro executante con tamboril e corneta e un grupo de homes e mulleres, entre os que se albisca mesmo un suposto mitrado, todos eles bailando, parolando ou contemplando aos animadores da foliada. E por riba da ilustración un chamamento imperativo deste teor: «¡Alto, señoras y caballeros, alto!!», como interpelando aos danzantes e demais concorrentes da xolda. Para responder a pé de imaxe co título da publicación, o seu propósito e autoría do invento. En realidade só se menciona un nome propio «en serio», o do ilustrador Francisco Cisneros. O do promotor e guieiro figura oculto baixo o enxeñoso e trepidante pseudónimo ou, máis ben, pavero alcume de «El Doctor Triquitraque», en boa harmonía co carácter xocoso e a intencionalidade garuleira da publicación. Neira desvélanos que se trataba de Miguel Blanco Herrero, de quen non asegura con certeza que fose galego, por máis que indique que puideran selo tanto el coma os demais «bolos y gandules» polo estilo das súas colaboracións, apreciación esta máis matizada ca exposta polo autor nunha contribución anterior sobre este semanario, onde sostiña con rotundidade: «es evidente que eran gallegos quienes lo redactaban, no sólo por el tipo de humor, sino porque la publicación tiene como emblema una escena popular gallega, como puede verse: un gaitero y varias parejas bailando la muiñeira» (GEG, 14: 210-211), idea á que se sumaron con posterioridade outros autores sen maior reparo. En calquera caso, arestora sabemos que nunha obra humorística editada na súa primeira versión un ano antes, en 1870, Miguel Blanco incluía xa un conto ambientado en Galicia e con personaxes galegos, polo que cabe afirmar que o asunto fose por paisanaxe, veciñanza, convivencia ou por outras razóns aínda hoxe ocultas non lle era de todo alleo nin moito menos descoñecido, dando a entender el mesmo non ser profano na materia, se ben tampouco resultaría desacertado pensar que nos atoparamos ante un asturiano, tendo en conta os modismos, expresións e variantes lingüísticas un tanto forzadas e artificiosas que emprega. Pero iso é cousa que deberán dilucidar os expertos, se así o consideran oportuno, e non eu como simple leigo diletante.

Debaixo da viñeta anunciando a publicación figuraba un «Prospecto» onde se formulaba, máis ou menos e en ton gracioso como era de agardar, unha declaración programática ou de intencións da mesma, a cal reproduzo debaixo desta pequena presentación, polo que de novidoso poida ter para os curiosos e interesados neste particular. E de seguido indicábase o modo de facer a subscrición, tanto nos lugares habilitados na Habana como noutras localidades do interior da illa, sinalando ademais os prezos das subscrición, que tamén figuraban de maneira concisa a ambos lados da mancheta, e unha amplísima relación de comisionados en diferentes localidades para facer efectivas as altas e os preceptivos abonos . E paso xa, sen máis preámbulos, a reproducir a exposición de finalidades e motivos desta publicación que, cando menos nalgunha medida, anque sexa só anecdótica e circunstancial, cabe catalogar de pioneira na súa clase. Transcribo o texto tomando como fonte o anuncio aparecido no Diario de la Marina (nº 312: 4) do 31 de decembro de 1871, data memorable na orde fundacional para o asociacionismo galego de Cuba e de toda a nosa diáspora. Un bo pretexto para pechar este 2023, 152 anos despois da efeméride rememorada. Que remate o ano con humor e ben e que o novo, cando menos, non lle vaia á zaga.

***

PROSPECTO

__­

             Formando parte como formamos de la mitad del mundo que se ríe de la otra mitad, no puede extrañarse nadie que adoptemos por símbolo del buen humor el instrumento más alegre, festivo y retozón de la tierra.

Como que varios expositores de la Sagrada Escritura afirman que lo que el Ángel ha de tocar en el día del juicio, no es la trompeta, sino la gaita gallega.

Este podrá ser inverosímil para algunos; pero lo indudable es, que si Rossini le hubiera tenido entre sus manos; si Rossini con el aire de sus pulmones hubiera sentido el placer de tocar este instrumento, la ciencia musical hubiera caminado más aprisa por la senda del progreso humano.

Los artistas hoy serían más perfectos.

Veríamos al gran Tamberlik [sic] conquistar sus más gloriosos laureles en la Muñeira, que hoy no sabe cantar, única cosa que le falta para ser un gran genio.

Pero no nos metamos en honduras. Por ahora no debemos andar más que por la superficie de las aguas, como las arañas y los israelitas.

Queremos solamente revelar una parte pequeñísima de nuestro pensamiento.

Venimos en ayuda, con nuestro periódico, de todos los cogotes redondos que renunciando al nombre de sabios, figuran en el inmenso grupo de vegetales que componen la familia de las cucurbitáceas, como la calabaza, el melón y el pepino.

A esos desvalidos del sentido común, desheredados de la inteligencia e inválidos de mollera, les venimos a ayudar para que asombren al mundo con las palabras y obras que los mal intencionados llaman desatinos y clasifican como tonterías, diciéndose algunos y haciéndose algunas capaces de hacer reventar de risa a la misma estatua de Cristóbal Colón.

¿Qué filósofo, ni qué sabio, ni qué niño muerto puede producir con sus dichos o con sus hechos un fenómeno semejante? – Ninguno.

Ea, pues; La Gaita gallega dará a conocer cuanto de maravilloso ocurra o se oiga en la Habana y en las demás partes del mundo que brote del chirumen de esos pobres diablos; dará cabida en sus columnas a cuanto alegre y festivo pueda encontrarse, publicando cuentos, anécdotas, chascarrillos y todas esas barbaridades, que no pueden publicarse en una obra de texto, ni en un tratado de filosofía.

Tiene para el folletín las novelas que se titulan: Los grandes hombres de provincia de España, la una y Los tramoyistas de la Corte, la otra. A estas seguirá una, que si la viera el mismo Mayne Reid, autor de las tituladas: Los cazadores de osos; Los cazadores de girafas, &0., &0., que tanta boga han alcanzado, se moriría de envidia; se llamará Los cazadores de pulgas.

Por último, llenos de filantropía y de amor a la humanidad doliente del occipucio, hemos celebrado un contrato con la sociedad constituida por los señores Guasa, Camelo y compañía, para la publicación de los anuncios de esta empresa, única en el mundo por la excentricidad, rareza y singularidad de los negocios en que se propone servir al público inocentón, con el mayor desinterés, se entiende, pues por sus agencias no cobra un centavo.

CARICATURAS.

De este género tenemos los almacenes llenos y como el almacenista lo es Cisneros, saldrán algunas veces cosas, que si el tiempo y el genio tutelar de la prensa lo permiten, no habrá más que pedir para que el jolgorio sea completo.

Condiciones de publicación.

La Gaita gallega, se publicará todos los domingos, en pliego de ocho planas de mayor tamaño que la de este prospecto, papel magnífico, letras gordas, para que se pueda leer sin tener que usar gafas. El primer número verá la luz pública el primer domingo del próximo Enero.

____

 

Logotipo de La Gaita Gallega (A Habana, 1871)

05/02/2023

Efeméride. Tecendo memorias. De nós

Un cuarto de século

Primeira exposición sobre as escolas dos emigrantes galegos radicados en Cuba

Baixo o título Os centros educativos dos cubanos. Memoria gráfica, entre os días 5 e 7 de febreiro de 1998 instalouse no Paraninfo da Universidade de Vigo, co gallo do congreso internacional O significado do 98 na historia cubana e española. A súa transcendencia nas relacións Galicia-Cuba, unha mostra monográfica con fondos escolmados da miña colección privada e por min comisariada dende o Arquivo da Emigración Galega. Exposición e Congreso estaban organizados e promovidos polo Consello da Cultura Galega e a propia institución universitaria do sur de Galicia. Dez anos despois, a mostra con diferentes denominacións iniciou un pequeno percorrido por Galicia, recalando en localidades como Burela (2008), A Veiga (2009), Mugardos (2010) e Negreira (2010-2011). O contido da exposición estruturábase en dous bloques temáticos cos rótulos O legado dos indianos e A obra das sociedades de instrución. O primeiro conformábano 10 imaxes históricas e recentes. E o segundo 48 de similares características, todas elas anteriores a 1995. En total 56 instantáneas doutras tantas escolas custeadas con capital reunido polos emigrantes galegos na Gran Antilla, ben de maneira individual por parte dos filántropos emigrados ou ben de forma corporativa polas sociedades de instrución, ademais da reprodución de dous emblemáticos gravados icónico-verbais dunha das asociacións, cunha colosal carga alegórica, con lemas e motivos referentes á vivencia identitaria colectiva dende a distancia e ao compromiso comunitario coa terra de orixe dos integrantes da mesma agrupación. Para servirlles de guía aos visitantes publicouse un folleto de 12 páxinas que incluía os datos básicos de cada unha das reproducións fotográficas, precedidos dun pequeno limiar, varios distintivos sociais e unha mínima escolma de textos das entidades educativas da diáspora. Unha copia íntegra da mostra custódiase arestora no Arquivo da Emigración, que na actualidade se atopa emprazado en dependencias da Cidade da Cultura, no monte Gaiás da capital de Galicia. O repertorio fotográfico constitúe un testemuño visual dunha realidade que nalgúns casos, lamentablemente, xa esmoreceu ou mesmo desapareceu e noutros, por fortuna, permanece en pé e aínda en mellores condicións e con usos máis acaídos dos que tiña daquela. Que sexa por moitos anos máis para beneficio de todos, como o quixeron os seus patrocinadores e cantos logo os secundaron e contribuíron a manter vivo o seu legado, símbolo perenne de xenerosidade e compromiso social.

Portada da Guía – Catálogo da exposición