22/04/2010







BALOR
Un documental de Roi Fernández & Isaac Cordal
 










San Claudio no fondal,
ao pé da ría

Limiar

Tras do Río é un topónimo marcado pola pegada da emigración. Un viveiro de remesas materiais e simbólicas procedentes doutros mundos explorados polas xentes da súa contorna. Hoxe, un xacemento e un laboratorio onde terá visibilidade e acubillo o legado patrimonial dos que foron á procura de novos horizontes para as propias vidas, as dos seus e, canda eles, tamén as dos foráneos que nunca alleos.