13/01/2022

Tecendo memorias. De nós

Centenario

Sociedad de Instrucción «San Claudio».

Nacemento por transformación

Ás portas da década do seu percorrido por Galicia e Portugal está a piques de rematar a estadía da exposición Luces de Alén Mar no Escolar de San Claudio. Un final aínda sen fin que celebramos cos testemuños fundacionais da sociedade de instrución parroquial na Habana, cando imos camiño do seu 110 aniversario, que se consumará ao concluír o ano que vimos de comezar. Así se recollía na súa primeira Memoria de actividades e na prensa coetánea o nacemento daquela entidade da diáspora por transformación do seu precedente: o Comité «San Claudio», constituído na capital cubana no abrente da segunda metade de 1911.

En relación co primeiro dos textos que se reproducen máis abaixo, extraído da devandita Memoria auroral, convén engadir unha par de breves notas aclaratorias, respecto ao contido da pasaxe na que se relata a transición dunha entidade a outra por parte dos directivos da nova formación. Tres anos antes de ver a luz este texto modificárase a tipoloxía das escolas públicas en España, pasando a denominarse a partir de xaneiro de 1911 escolas unitarias (as antigas elementais) e escolas graduadas (as antigas superiores). As primeiras dispoñían de unha soa aula para acubillar todos os seus concorrentes. E as segundas, de varias clases ou seccións para cada grupo. Aquelas podían seren de nenas, de nenos ou de asistencia mixta. E estas acollían e distribuían internamente o alumnado por sexos, idades e niveis de progresión académica. A teor do que se pode ler no parágrafo de apertura do fragmento extraído da citada Memoria social, os seus redactores mantiñan unha nomenclatura xa daquela en desuso e mesmo refugada dende instancias oficiais, ao dar conta da modalidade de centro educativo que os emigrantes integrados na sociedade instrutiva se propoñían implantar, seguindo ao pé da letra o establecido no artigo 1º do seu Reglamento General: «un Colegio Elemental que podrá ser elevado a la Enseñanza Superior». Unha disonancia explicable entre as xentes do común, pola longa vixencia das decimonónicas rotulacións, pero quizabes non tanto entre os que asumían a responsabilidade de relatores memorialistas institucionais, a quen se supón –con certeza ou sen ela– máis e mellor informados en canto ao que debían enunciar e prometer con suficiente rigor como interlocutores comunitarios. En calquera caso, outras moitas corporacións incorrían nesta mesma anomalía, o que afianza a idea, xa sostida noutras ocasións, do mimetismo entre elas e da recorrencia a amanuenses comúns.

A segunda nota atinxe ao parágrafo seguinte do propio texto. Nel resulta oportuno reparar na proclamación expresa que os autores fan da neutralidade confesional ou da tolerancia doutrinal cando ao referirse ao Comité «San Claudio» e o seu cometido (axudar a levantar a torre do campanario da igrexa parroquial) declaran que actuando con «noble y santa transigencia» practicaron «al unísono [...] completa dejación de sus principios religiosos» para propiciar a colaboración de todos nunha obra que, á marxe da súa inequívoca dimensión espiritual e de cuestións de fe individuais–privativas de cada quen–, cumpría acometer como unha causa común e velando pola harmonía da veciñanza enteira; dos que permanecían na terra e, en conxunción con eles –particularmente e sen fisuras– dos que se atopaban fóra –sen dúbida, máis proclives a discrepancias–, quen por esta vía acreditarían o arraigo e referendarían o apego ao lugar de orixe, condición previa que transcendía calquera credo relixioso e tamén toda convicción política, premisas amplamente compartidas sen grandes diverxencias, en clave normativa, por case todas as agrupacións dos ausentes, sequera nun primeiro momento. Conseguilo non era doado en tempos nos que o laicismo militante principiaba xa a asomar vizoso, da man dos emigrados, nas zonas rurais e, de maneira moi notoria e clamorosa, na comarca do Ortegal a través da voz pioneira de «La Devesana».

No tocante ao segundo texto, onde ademais de anunciar a composición da primeira Xunta Directiva da nova sociedade e de dar conta da súa misión, pormenorízase nominalmente o recadado polo Comité para edificar a torre do campanario da igrexa parroquial, dous aspectos chaman a atención dun xeito singular. O primeiro, que entre todos os doantes só figurase unha muller: Mercedes Barro Alonso, da que nada se sabe nin antes nin despois; unicamente que na relación de cooperantes non consta ningún irmán da mesma, pero se cadra si outros parentes, pola repetición até 6 veces do apelido Barro e 4 do Alonso. Podería tamén ser a dona dalgún dos outros adherentes. Dende logo, meses máis tarde non aparecía xa como socia na colectividade nacente. E o segundo, que dos 109 contribuíntes só dous procedían de fóra da parroquia, un das Somozas (Santiago Gradaille) e outro de Asturias (Anselmo González). Tampouco ningún deles entrou a formar parte da nova asociación, alomenos de inmediato. Cómpre precisar, por outra banda, que da cantidade global reunida na Habana non se lle remitiu ao párroco de San Claudio o importe íntegro, senón 1.050 $, que era o montante que faltaba acó para executar a obra. 23 pesos entregáronselle á sociedade emerxente no acto de constitución e 10 destináronse ao proxectado monumento funerario de Manuel Curros Enríquez, conforme se consigna nos propios escritos. Quedaría sen precisar a contía menor dedicada a atender unha obra benéfica que, asemade, alí se menciona.

O relatado no terceiro texto representa unha mostra testemuñal e simbólica da admiración que espertaba a personalidade e memoria de Curros entre as pequenas sociedades de instrución, incluso entre aquelas que non existían aínda en vida do poeta, como sucede coa que aquí se trata.

Volverei noutras entregas a ocuparme de vertentes novas destes asuntos dos albares das xentes de San Claudio en Cuba e nos seus arredores, mar por medio. Agora convido a quen aquí recale a coñecer os anacos escolmados nesta cachea, cun emotivo recordo de homenaxe para cantos ostentan a condición de precursores da embaixada informal que aínda fica na maior das Antillas identificada co topónimo da nosa parroquia, imprimíndolle unha pinga de universalidade.


______*
**______
 

Greca decorativa na primeira Memoria da sociedade San Claudio, 1913 [1914]

En tránsito

DO COMITÉ Á SOCIEDADE

 

25 DE DICIEMBRE DE 1912

CONSTITUCIÓN DE LA SOCIEDAD.

COMITÉ «SAN CLAUDIO»

Es fecha de gran celebración para los hijos de San Claudio emigrados en la República Cubana la del 25 de Diciembre; ella marca dos efemérides de grato recuerdo: la extinción del Comité «San Claudio», organizado para la reconstrucción de la torre de la iglesia de nuestra querida parroquia y el nacimiento de nuestra anhelada sociedad de instrucción, fundada con el noble, desinteresado y altruístico objeto de «fundar y sostener en San Claudio un Colegio Elemental que podría ser elevado a la Enseñanza Superior cuando las circunstancias así lo exijan y lo permitan los fondos sociales.»

Es digno de hacerse notar el ejemplo de noble y santa transigencia de nuestros paisanos, quienes, al unísono, haciendo completa dejación de sus principios religiosos, contribuyeron con su óbolo a la consecución de los fines perseguidos por el extinto «Comité San Claudio», el cual, en justa correspondencia, acordó en su última Junta General de disolución, donar a la Sociedad de Instrucción san claudio su sobrante en caja, a cuya reunión acompañaba la comunicación que para constancia transcribimos:

«Sr. Juan Castro Montero, Presidente de la Sociedad de Instrucción San Claudio

«Distinguido Sr.: Al quedar disuelto el “Comité San Claudio” por haberse terminado el cometido para que había sido formado ha quedado en caja la cantidad de treinta y tres pesos.»

«En Junta General celebrada por este Comité, se acordó donar para el mausoleo del excelso poeta Manuel Curros Enríquez, la cantidad de diez pesos [$ 10.00] y a la Sociedad de Instrucción San Claudio, de la cual es usted digno Presidente, la cantidad de veintitrés pesos [$ 23.00] cuyas cantidades hacen el total de lo sobrante en caja.»

«Lo que me complazco en comunicar remitiéndole la cantidad designada a esa Sociedad, quedando suyos affmos. S. S. – [F] José Piñón, Secretario del Comité San Claudio. – Vto. Bno. – [F] José Rodríguez, Presidente.– Habana Diciembre 25 de 1912.»

________

Antes de proseguir nuestra labor informativa, justo es que patenticemos como un elemental deber de cortesía, de agradecimiento y de cariño a la Comisión Organizadora del que fue «Comité San Claudio», pues que aquel organismo y aquellos entusiastas conterráneos son los verdaderos iniciadores de nuestra querida institución.

Integraban dicha Comisión, aunadora de voluntades y pletórica de amor a nuestro suelo, hijos tan beneméritos de San Claudio como José Rodríguez Seoane, Antonio Barro Penabad, Edmundo Carrodeguas, José Peña López, Ramón Sánchez, Antonio Fojo Miliá, Jesús Sánchez Iglesias, Claudio Graña, Juan Castro Montero, Antonio Santiago, José Piñón Montero, Vicente Piñeiro y Antonio Sánchez Iglesias. A ellos deben gratitud perenne, con nuestra Sociedad, todos los que se precien de agradecidos y amantes hijos de la inolvidable tierra de nuestros mayores; ellos tienen derecho al dictado honrosamente conseguido de grandes, de nobles y de buenos entre los grandes, nobles y buenos hijos de nuestra simpar comarca.

Nació el Comité San Claudio en los salones del Centro Gallego de La Habana el día 21 de julio de 1911 previa convocatoria circulada a todos los paisanos conocidos por la Comisión Organizadora y por conducto de la prensa de La Habana, quedando constituido al objeto y con la finalidad expresa de «recolectar fondos para contribuir  a la construcción de la torre de la Iglesia de nuestra querida Parroquia», prometiéndose por la Directiva electa, y a virtud de unánimes deseos de todos los allí congregados, que al finalizar su cometido el «Comité», fundado en aquel hermoso acto, sería citada la Junta General para la disolución del mismo y creación de una sociedad nueva pro-cultura, al igual de las múltiples existentes en Cuba, fomentadas y sostenidas por los gallegos emigrados, en honor y beneficio de sus nativos pueblos.

Compromiso solemnemente formulado en aquella memorable reunión y solemnemente cumplido por todos en 25 de Diciembre de 1912, fecha en la que, coincidiendo con la extinción de aquel organismo, decláranse los hijos de San Claudio en Asamblea Constituyente, levantándose en medio del más fervoroso entusiasmo el acta correspondiente que reproducimos:

«En la Ciudad de La Habana a los veinticinco días del mes de Diciembre de mil novecientos doce y en la casa Muralla sesenta y cinco se reunieron, previa convocatoria por la Comisión Iniciadora, un buen número de hijos de la parroquia de San Claudio con el objeto de formar una sociedad para el fomento de la Instrucción en dicha parroquia.»

«Abierta que fue la junta por el Sr. Presidente de la Comisión, que lo era el Sr. José Rodríguez Seoane, actuando de Secretario el Sr. José Piñón Montero, aquel explicó a los allí reunidos el objeto para que habían sido citados, haciendo uso de la palabra varios señores que se expresaron en términos que demostraban el entusiasmo que animaba a todos para que dicha sociedad se constituyese. El Sr. Presidente, comprendiéndolo así, declaró que en vista de que todos estaban de acuerdo en formar la expresada sociedad, se iba a dar lectura al Reglamento que la comisión iniciadora presentaba y por el cual habría de regirse la Sociedad de Instrucción San Claudio.

«Leído éste fue aprobado con algunas modificaciones.»

«Con el fin de confeccionar la candidatura que se creyere más conveniente para regir los destinos de la sociedad por el tiempo que dispone el reglamento, y que se compondrá de un presidente y un vicepresidente, un secretario y un vicesecretario, un tesorero y un vicetesorero, doce vocales y cuatro suplentes y Comisión de Glosa, se concedieron diez minutos de receso y, transcurrido éste, se procedió a la votación resultando electa la siguiente candidatura: Presidente, Sr. Juan Castro Montero; Vice, Sr. José Rodríguez Seoane; Secretario, Sr. Benito Martínez Vivero; Vice, Sr. José Piñón Montero; Tesorero, Sr. Antonio Sánchez Iglesias; Vice, Sr. Antonio Barro Penabad. Vocales: Srs. Ramón Sánchez Díaz, Jesús Sánchez Iglesias, Jesús Pérez Lago, Edmundo Carrodeguas, Francisco Piñón Montero, Manuel Barro González, Vicente Piñeiro Seoane, Alfredo Seoane, Vicente Seoane Pérez, Rubén Martínez Rivadeneira, José Alonso Seoane. Comisión de Glosa: Sres. Enrique Milia y Juan Pérez.»

«Acordose que la toma de posesión se verifique el día cinco de Enero de mil novecientos trece».

«Y para constancia de lo acordado y con el Vto. Bno. del Sr. Presidente, expido la presente, después de darse por terminado este acto, a las cuatro y media de la tarde y habiendo tenido de duración como hora y media.»  

Vto. Bno.

José Rodríguez Seoane                                                                

Presidente.      

  

José Piñón Montero 

Secretario.

__________

 

            Con arreglo a lo acordado y en el domicilio del Tesorero, señor Antonio Sánchez, Muralla 65, cedido galantemente para tal objeto, celebrose la Junta General de toma de posesión de la Directiva electa, el día 5 de Enero del año actual, reinando un fraternal entusiasmo entre todos los allí congregados.

            En esta junta quedó acordada también la formación de una Sección de Propaganda y por aclamación nombrados para desempañar los cargos de Presidente y Secretario de la misma a los entusiastas y queridos conterráneos Sres. Manuel Barro González y Vicente Seoane Pérez, a cuyos señores se les confirió igualmente un voto de confianza para la designación de los Vocales que habían de compartir con ellos tan importante misión en beneficio de la colectividad.

            Concediósele también un merecidísimo voto de gracias a los señores de la Comisión Organizadora, terminándose tan hermoso acto en medio del más ardiente entusiasmo y formulando todos los naturales de San Claudio, allí congregados, sus más fervientes votos para poder llevar a la práctica, en el más breve plazo, sus santos, nobles y patrióticos proyectos en pro de los más altos propósitos: cultura, prosperidades y engrandecimiento del nativo e idolatrado rincón de nuestros más caros e inquebrantables amores».

SOCIEDAD DE INSTRUCCIÓN «SAN CLAUDIO»: Informe del primer año social presentado a los Asociados, por la Junta Directiva, en 31 de Octubre de 1913. Habana, Imprenta «Cuba Industrial», 1914, pp. 8-12.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario