03/05/2022

Tecendo memorias. De nós

Centenario

Primeiro trienio na Red Mein-PHE

Museo Escolar Comarcal do Ortegal (MECOR)

Dende febreiro de 2019, o Museo Escolar Comarcal do Ortegal (MECOR), forma parte da Red Mein-PHE (Museos, entidades e iniciativas del Patrimonio Histórico-Educativo), promovida pola Sociedad Española para el Estudio del Patrimonio Histórico-Educativo (SEPHE) e conta cun espazo de seu no sitio web de dita sociedade científica. O MECOR ten a súa sede física no antigo Escolar de San Claudio (Ortigueira), cuxa titularidade correspóndelle, por cesión da entidade matriz radicada na Habana, á Asociación Centro Cultural Libro Vivo da propia parroquia.

 

Pupitre e material escolar do MECOR

Para máis información ao respecto pode consultarse a mencionada web corporativa e a entrada que nela se ocupa do MECOR. En canto á presenza de Galicia na Red Mein-PHE e os obxectivos programáticos que persegue esta experiencia de integración virtual, tamén pode ser de interese a nota publicada no blog FiatLux Scholae o 14 de novembro de 2018. En breve disporase de actualizacións do centro museístico de San Claudio, que arestora se atopa en proceso de renovación, catalogación e optimización dos seus ricos, variados e xenuínos fondos patrimoniais para unha exhibición máis idónea, coidada e atractiva dos mesmos ante o público que con asiduidade o visita.

Mapa sectorial da Red Mein-PHE

 
Ficha do MECOR no espazo web Mein-PHE

Ningún comentario:

Publicar un comentario