10/05/2022

Tecendo memorias. De nós

Centenario

O Escolar de San Claudio no espazo As Escolas da Emigración

Dende o 6 de febreiro de 2013, en que se inaugurou oficialmente a exposición Luces de Alén Mar no MUPEGA, en Santiago de Compostela, o Escolar de San Claudio, sede actual da Asociación Centro Cultural Libro Vivo, dispón dun lugar de seu no espazo web do proxecto As Escolas da Emigración,  promovido polo Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo da Emigración. Tamén conta con unha ficha singularizada na aplicación a Sociedad de Instrucción San Claudio, da Habana, promotora e custeadora do establecemento académico e sociocultural. Premendo nos hipervínculos pode accederse a toda a información.

 

O Escolar, ao pouco de ser rematado o edificio, nos anos centrais da década de 1920



Ningún comentario:

Publicar un comentario